lunes, 1 de septiembre de 2008

Notas mentais 2



Nota mental 4: a universidade organiza para os guiris unha semana de introdución na que dous estudantes de máster se encargan de nos dirixir nas actividades. A min tocáronme dous moi divertidos (a xente en Dinamarca é totalmente aberta e divertida, e sobre todo moi moi moi moi educada e cordial, o outro día estaba máis perdido ca un pulpo nun garaxe e a xente parábase na rúa para axudarme), Morten e Kirstensen. Pasámonos toda a semana co noso berro de guerra "shots!" (chupiños).

Nota mental 5: o domingo á mañá erguinme cedo, ás oito e media, e dirixíame a lavandería cando me topei con dous coches calcinados. Polo visto a noite anterior a eso das tres da mañá comezaron a arder estes coches, posiblemente o suceso fora intencionado. O caso é que como os xornais daneses non os temos moi en conta, non sabemos aínda qué pasou realmente. Para a vosa tranquilidade, dicir que Stavnsvej é un lugar moi tranquilo ás aforas de Aarhus, así que non hai problema de ningún tipo.

1 comentario:

kati dijo...

elias dille a esa q non se achegue tanto non vai a ser q teña q coller un vuelo e irlle a por claras as reglas do xogo... aisd pichalaba onte fun ver o piso novo de santaigo...q bonito é...cerquiña de liberti...jiji se falas co alvaro e o jorge dilles q xa me pasarei por ali a darlles conversacion e a xogar as cartas...bicos e disfruta...